A CIUG vincula as queixas sobre o exame de Bioloxía na PAU co "cambio de modelo"

PAU en Galicia
Álvaro Ballesteros - Europa Press
Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 4 junio 2025 19:21

A CORUÑA 4 Jun. (EUROPA PRESS) -

A presidenta da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) Maite Flores, vinculou co "cambio de modelo" na Proba de Acceso á Universidade (PAU) as queixas trasladadas por alumnos e profesores en relación ao exame de Bioloxía.

Co compromiso de analizar as recibidas, asegurou, en declaracións a Europa Press, que a situación obedece un "cambio de modelo, un modelo competencial", aseverou para incidir en que "a resposta está no propio texto".

"Estamos afeitos a que sexan cousas de memoria, entendo que Bioloxía é unha das materias que pondera para Medicina pero a puntuación nesa parte é menor", sinalou sobre a que xerou máis críticas e ao aludir ás necesidades de obter unha puntuación alta en determinadas carreiras.

Mentres, asegurou que o contido "si está dentro do curriculum" que se imparte en Bacharelato. "A resposta está no texto anterior que tiñan que ler", sentenciou sobre a pregunta que xerou máis queixas.

En concreto, a cuestión máis cuestionada e exposta foi: Algúns virus, como o da gripe, teñen unha alta taxa de mutacións, o que fai que, moitas veces, as vacinas dun ano non sexan eficaces o seguinte Como pode facilitar a utilización de ARNm a creación de vacinas novas, adaptadas ás mutacións producidas?".

E aínda que a presidenta da CIUG insistiu en que todo obedece o "cambio de modelo", asegurou "se ninguén respondeu ou non se abordou por unha amplía maioría esa pregunta competencial veremos que medidas tomar".

No entanto, recoñeceu que na CIUG resultou "sorprendente" a queixa por parte dalgúns profesores, aínda que apuntou tamén a outras persoas que destacaron, dixo, como lles saíu aos seus alumnos ou aos seus fillos e fillas.

"Non somos insensibles", engadiu para instar a esperar ao momento en que se faga a correción dos exames e "véxase a situación" en relación a este caso.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado