Comesaña estima que Galicia "alcanzará o pico" de pacientes ingresados por Covid a vindeira semana

O conselleiro avisa de que "aínda quedan uns días de subidas de positivos e de subida de casos ingresados"

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha visita en Vilagarcía de Arousa.
XUNTA
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 30 julio 2021 18:00

   VILAGARCÍA DE AROUSA, 30 Jul. (EUROPA PRESS) -

   O conselleiro de Sanidade da Xunta, Julio García Comesaña, cre que "se todo vai como até agora", na próxima semana Galicia "alcanzará o pico de pacientes de Covid ingresados en hospitalización convencional" no marco da quinta onda.

   As estimacións de Sanidade apuntan tamén que probablemente na semana seguinte, a segunda de agosto, alcanzarase o pico de pacientes ingresados nas unidades de críticos.

   No transcurso do acto de firma dun convenio para a construción dun novo centro de saúde en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), García Comesaña indicou este venres que a situación actual en Galicia "non é de baixada pero si dun freo na subida".

   As incidencias acumuladas a 7 e a 14 están practicamente na metade. "E iso é unha moi boa noticia", manifestou o conselleiro, quen sinalou que "aínda quedan uns días de subidas de positivos e de subida de casos ingresados". A partir de aí, engadiu, esperan e confían "nunha baixada".

"AGUANTAR UNHAS SEMANITAS"

   Comesaña solicita aos cidadáns un esforzo adicional, "aguantar unhas semanitas máis, seguir respectando as normas, limitar os contactos na medida do posible e non deixar de usar a máscara".

   E fixo especial fincapé na xente moza, á que pediu que acuda aos cribados que se están facendo, "para tratar de detectar os casos, disgnosticarlos e asilarlos".

   Así mesmo, sobre os mozos, nunha entrevista na TVG manifestou o conselleiro este venres que está preto a volta ao curso. "Cos datos que manexamos unha parte dos estudantes estará vacinada, os de Bacharelato, por exemplo, e esperamos ter vacinados os cursos máis alto de ESO", sinalou.

CENTRO DE SAÚDE

   Por outra banda, Sanidade informou de que o conselleiro e o alcalde de Rodeiro, Rubén Quintá, asinaron un acordo bilateral no que se establecen as bases para o financiamento das obras de reforma do centro de saúde da localidade pontevedresa.

   O investimento deste proxecto de mellora ascende a 86.052 euros, partida económica que será cofinanciada a partes iguais pola Xunta e o Concello de Rodeiro, asegurou Sanidade.

   O conselleiro agradeceu "a boa disposición" do alcalde para poder asinar este convenio, "con tempo suficiente" para que se poida licitar a obra e executarse en prazo. Deste xeito, o persoal e os pacientes do centro de saúde de Rodeiro contarán a partir do ano que vén cunha infraestrutura "mellor e máis confortable", conclúe Sanidade.

Contenido patrocinado