Rosa Veiga - Europa Press
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 Ago. (EUROPA PRESS) -
Un total de 28 usuarios do fogar residencia do municipio ourensán de Vilardevós están confinados por mor dos incendios e a Xunta decidiu suspender até novo aviso a actividade do centro de día.
Así o indicaron fontes de Política Social que detallaron que os usuarios do centro atópanse en bo estado.
Ademais, ante o avance dos incendios e a complicación de circulación por estradas, a Xunta decidiu suspender, até novo aviso, a actividade do centro de día deste municipio.