Rosa Veiga - Europa Press
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 Ago. (EUROPA PRESS) -
Renfe informou de que a circulación ferroviaria entre Zamora e Ourense segue suspendida por mor do incendios que arrasan a provincia ourensá.
Segundo detallou a empresa pública a través da súa conta oficial en 'X', tamén se atopa suspendida a circulación entre A Rúa Petín e Villamartín por un incendio próximo á vía.
Neste sentido, segundo detalla o Adif, estableceron un plan alternativo de transporte por estrada para trens Longa e Media Distancia entre Monforte e Ponferrada.
Así mesmo, os pasaxeiros do tren Alvia 1625 que cobre a viaxe A Coruña-Barcelona serán trasladados por estrada entre Ourense e Ponferrada.
Renfe lembra que dos trens que están suprimidos ofrece aos cidadáns cambios e anulacións sen gastos.