SANTIAGO/MADRID 6 Nov. (EUROPA PRESS) -
A sociedade Novapesca Trading, filial de Pescanova, foi declarada en concurso voluntario de acredores polo xulgado do mercantil número un de Pontevedra, en liña co establecido no convenio de acredores do grupo.
O anuncio desta decisión xudicial foi realizado polo consello de administración de Pescanova nunha nota para o coñecemento do mercado remitida á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).
A empresas realiza este anuncio ao tratarse a declaración de concurso dunha operación para a restructuración de Pescanova con especial relevancia, xa que a súa aplicación está prevista no convenio de acredores do grupo.