Detido por roubar máis de 21.000 euros a amigos nunha vivenda en Vilalba

Archivo - Imaxe de recurso dun axente da Garda Civil.
GUARDIA CIVIL - Archivo
Publicado: viernes, 10 mayo 2024 13:51

   LUGO, 10 May. (EUROPA PRESS) -

   A Garda Civil detivo a un veciño de Castro de Rei (Lugo), de 69 anos, como presunto autor dun roubo de 21.280 euros nunha vivenda en Vilalba duns amigos seus.

    Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, este roubo con forza tivo lugar a medidados do pasado mes de abril. O home introduciuse por unha vivenda e roubou o diñeiro dunha zona de difícil acceso.

    Após a denuncia, os investigadores comprobaron que o roubo non seguía o patrón habitual deste tipo de feitos, xa que non se atopou nada revolto na vivenda nin houbo ningún tipo de dano sobre a porta. Así, as pescudas orientáronse ao círculo próximo dos propietarios do diñeiro.

    De tal forma, púidose determinar que unha das persoas próximas aos denunciantes, coas cales mantiña unha relación de amizade, aproveitou a ausencia dos donos da vivenda para realizar o roubo, xa que coñecía o domicilio.

    O detido foi posto a disposición do titular do Xulgado de Instrución Número uno de Vilalba. O operativo policial continúa aberto polo que non se descartan novas detencións.

Contador