Dimite a última concelleira que quedaba ao PP en Verín (Ourense)

Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 21 agosto 2026 18:51

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Ago. (EUROPA PRESS) -

   Beatriz Blanco, a única concelleira que quedaba ao PP no grupo municipal de Verín (Ourense) tras a renuncia en días previos dos outros tres edís que tiñan na Corporación --Lara da Silva, Aitor Blanco e Sonia Arias--, tamén formalizou a súa dimisión.

   Diso informou o partido que dirixe unha xestora encabezada por Luisa Valladares, que ligou tamén a última renuncia a "motivos estritamente persoais", á vez que agradeceu o labor desenvolvido polos até agora concelleiros populares.

    O seu paso o PP de Verín vinculouno con "un xesto amable que mostra o seu compromiso co partido", nun proceso de renovación da man da xestora formalizada a finais de 2025.

    "Para nada o partido está en crise. Simplemente houbo moitos cambios nos últimos meses con nova dirección e novas formas de traballo, e non todo o mundo pode dedicar o tempo que este proxecto necesita xa que, ás veces, é difícil compatibilizar a vida laboral e persoal coa vida política", sinalou a líder dos populares verineses.

   Cun pleno convocado para o martes, coa dimisión do catro concelleiros como único punto na orde do día, o PP xa avanzou quen pasarán a conformar o renovado grupo municipal do PP verinés: Bernardo Rodríguez, Tamara Velázquez, Juan Pablo García e Benito Quiñones.

    "Catro persoas preparadas, con ilusión e con ganas de achegar o mellor deles a este proxecto", defendeu Valladares, que destacou os perfís dos novos edís e "o seu traballo nas súas áreas de especialización".

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado