En estado grave o menor de Noia ferido nun accidente de tráfico no que faleceu o seu irmán

O enterro terá lugar esta tarde nun municipio no que se decretaron dous días de loito

Europa Press Galicia
Publicado: martes, 26 diciembre 2023 14:12

A CORUÑA, 26 Dic. (EUROPA PRESS) -

O menor ferido nun accidente de tráfico en Noia (A Coruña), no que faleceu o seu irmán, segue grave e en estado crítico, segundo fontes consultadas por Europa Press.

Mentres, esta tarde será enterrado o seu irmán maior, que faleceu no sinistro que se produciu pasadas o dez da noite do día 24 após unha saída de vía e a colisión do coche que conducía contra outro estacionado.

Segundo o relato da persona que deu o aviso ao 112, o vehículo saíuse da vía en Carracido, na parroquia de Barro (Noia) e impactou contra outro estacionado. Os ocupantes do coche quedaron atrapados e tiveron que ser excarcerados, confirmándose a morte dun deles.

Após terse constancia dos feitos, un equipo do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) desprazouse até o lugar para prestar axuda aos familiares dos mozos, veciños de Noia.

En declaracións a Europa Press, o alcalde do municipio coruñés, Santiago Freire, expresou a súa consternación polo sucedido e o apoio á familia. O consistorio decretou, após coñecerse a noticia, dous días de loito.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado