Evacuado un home tras quedarlle atrapada unha perna nas coitelas dun motocultor en Rianxo (A Coruña)

Archivo - Arquivo - Imaxe dun helicóptero medicalizado.
061 - Archivo
Publicado: viernes, 10 mayo 2024 10:04

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 May. (EUROPA PRESS) -

   Un home tivo que ser evacuado o xoves ao hospital, a bordo dun helicóptero medicalizado, despois de que se lle queda atrapada unha perna nas coitelas do motocultor en Rianxo (A Coruña).

   Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu pasadas as 20.00 da tarde no lugar de Asadelos, en Asados. A alerta recibiuna por parte de Urxencias Sanitarias-061, aínda que foi necesaria a intervención dos bombeiros de Boiro para acometer o rescate, para así facilitar o labor dos profesionais médicos.

   Aínda que tamén se avisou aos bombeiros de Ribeira, nesta ocasión bastaron os medios do parque boirense, polo que os outros deron volta pouco despois.

   Ademais, o 112 informou á Garda Civil e á Policía Local. O home foi evacuado até o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) nun helicóptero medicalizado.

Contador