Felipe VI visitará este xoves en Ferrol o Terzo do Norte e as polvoreiras de Mougá

Archivo - Arquivo - O Rei Felpe VIN visita o Arsenal Militar de Ferrol, a 20 de febreiro de 2025, en Ferrol, A Coruña, Galicia (España).
Gustavo de la Paz - Europa Press - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 13 noviembre 2026 16:39

   FERROL, 13 Nov. (EUROPA PRESS) -

   O Rei Felipe VI visitará o vindeiro xoves, día 19, en Ferrol o Terzo do Norte de Infantaría de Mariña e as polvoreiras de Mougá.

   Desta forma, o Rei desprazarase ao cuartel de Nosa Señora das Dores e percorrerá as instalacións militares coas que conta a Armada neste municipio coruñés.

   Esta será a primeira visita de Felipe VI a Ferrol en 2026. O seu último desprazamento á cidade tivo lugar en febreiro de 2025, cando visitou o Arsenal Militar, onde coñeceu o proxecto 'Abrir Ferrol ao Mar' e os simuladores das fragatas F-110 nas instalacións de Navantia.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado