A CORUÑA, 11 Sep. (EUROPA PRESS) -
Dúas persoas que estaban sentadas nun banco resultaron feridas tras caerlle unha árbore encima na rúa de Barcelona, na cidade da Coruña.
Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse minutos despois das 15.30 horas deste venres e foron varios particulares os que deron a voz de alarma e indicaron que ningunha persona estaba atrapada.
A central de emerxencias mobilizou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 aos axentes da Policía Nacional e Local e informou os bombeiros municipais.