Galicia supera as 87.800 hectáreas queimadas en lumes non apagados e rexistra dous novos na provincia de Pontevedra

Na tarde deste xoves comezaron os incendios de Vilaboa e Oia, onde activa a alerta por proximidade a casas

Vista aérea após o incendio, a 20 de agosto de 2025, en San Vicente de Arriba, Ourense, Galicia (España).
Adrián Irago - Europa Press
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 21 agosto 2025 21:52

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Ago. (EUROPA PRESS) -

   A onda de incendios que desde hai dúas semanas afecta a Galicia calcina xa 87.840 hectáreas en lumes non apagados e rexistra dous novos focos en Vilaboa e Oia, ambos na provincia de Pontevedra.

    Así se desprende dos últimos datos ofrecidos pola Consellería do Medio Rural que recolle que os lumes activos son cinco na provincia de Ourense que afectan a 78.600 hectáreas e estabilizados hai actualmente sete, todos eles na provincia ourensá, que calcinan 9.249 hectáreas.

    O maior incendio é o de Larouco, na parroquia de Seadur, que calcina 30.000 hectáreas en territorio galego e xa é o cuarto máis grande da historia de España.

    Tamén permanecen activos os incendios de Chandrexa de Queixa e Vilariño, que se uniron en único foco que afecta a 19.000 hectáreas; o de Oímbra e Xinzo de Limia, parroquias da Granxa e Gudín (17.000 hectáreas); o da Mezquita, parroquia da Eculqueira (10.000 hectáreas); e o de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio (2.600 hectáreas).

    Así mesmo, a estes incendios hai que sumarlle dous, que comezaron na tarde deste xoves, nos municipios de Vilaboa e Oia, na provincia de Pontevedra, onde está activa a Situación 2 pola proximidade ás casas.

    En canto aos lumes forestais estabilizados atópanse: o de Carballeda de Avia e Beade, parroquia de Vilar de Condes e As Regadas (4.000 hectáreas); Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervos (900 hectáreas); Maceda, parroquias de Santiso e Castro de Escuadro que se uniron nun único foco, (3.500 hectáreas); o de Vilardevós, parroquia de Fumaces e a Rube (100 hectáreas); en Vilardevós, parroquia de Moialde (600 hectáreas); en Riós, parroquia de Trasestrada (20 hectáreas); e en Montederramo, parroquia de Paredes (120 hectáreas).

CONTROLADOS E EXTINGUIDOS

    Así mesmo, está controlado o incendio da Agolada, parroquia de Ou Sexo, que afectou a 400 hectáreas, e quedou extinguido o do Saviñao, parroquia de Chave, que calcinou 65 hectáreas de superficie rasa.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado