Grupos de máximo oito persoas en restaurantes, eventos con cóctel e lecer nocturno en interiores desde o sábado

Archivo - Arquivo - Varias persoas na terraza dun bar, a 29 de maio de 2021, na Coruña, Galicia (España).
M. Dylan - Europa Press - Archivo
Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 25 noviembre 2021 18:55

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Nov. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Sanidade publicou a orde pola que reduce os grupos de persoas no ámbito da hostalaría, de maneira que a partir do sábado quedarán en oito persoas como máximo tanto en restaurantes, bares e establecemento de lecer nocturno.

A medida publícase nun contexto de subida acelerada dos casos e o mesmo día en que a Xunta remitiu a petición de autorización para incorporar o requisito do certificado covid na hostalaría de día --restaurantes durante toda a xornada de apertura e bares desde as 21,00 horas--. Actualmente, xa está vixente no lecer nocturno, albergues (para o 100 por cen de ocupación en habitacións compartidas sen que sexa grupo burbulla) e para os acompañantes e visitas dos pacientes hospitalizados.

Á espera da resolución do TSXG, que conta con informe favorable da Fiscalía para a súa implantación, a Xunta xa implantou esta redución de grupos, que pasan a ser de oito máximo en interior e de 15 en exteriores.

A medida entra en vigor este sábado, 27 de novembro, e estará vixente, polo menos, até o 18 de decembro, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG)-bis publicado este xoves.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Contenido patrocinado