Morre atropelado un home de 80 anos en Sandiás

Atropelo mortal en Sandiás
GUARDIA CIVIL
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 1 mayo 2025 11:30

OURENSE 1 May. (EUROPA PRESS) -

Un home de 80 anos faleceu ao ser atropelado na estrada OU-531 (Xinzo de Limia-Cortegada) ao seu paso polo municipio ourensán de Sandiás.

Segundo informa a Garda Civil de Ourense, o suceso produciuse pasadas as 23,00 horas do mércores á altura do punto quilométrico 3,9 en sentido crecente, en Couso de Limia. O home vestía totalmente de escuro e sen facer uso de ningunha peza reflectora.

Foi o propio condutor dun Suzuki Gran Vitara o que avisou ao 112 do atropelo e sinalou desde o primeiro momento que a persona atropelada non respondía. Foron avisados tamén 061, Bombeiros de Xinzo e Protección Civil de Sandiás. Ao chegar ao lugar, os sanitarios só puideron confirmar o falecemento.

O condutor do turismo rexistrou resultado negativo en probas de alcol e drogas. Instrúe dilixencias o equipo de investigación da Garda Civil de Verín.

Contenido patrocinado