A muller falecida en Muíños (Ourense) chocou contra un condutor ebrio e o seu marido morreu tras enterarse do sinistro

Vehículos sinistrados en Muíños (Ourense)
GUARDIA CIVIL OURENSE
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 4 diciembre 2025 9:39

    SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Dic. (EUROPA PRESS) -

   Este mércores un accidente de tráfico no municipio ourensán de Muíños provocaba a morte dunha das implicadas, unha muller de 51 anos. Chocou contra outro vehículo cuxo condutor deu positivo na proba de alcoholemia. Ademais, o marido da falecida, que se desprazou ao lugar ao coñecer o sucedido, morreu tamén após sufrir unha indisposición.

    Segundo informaron o 112 e a Garda Civil de Ourense, o accidente tivo lugar na estrada OU-1205 de Porqueirós.

   O vehículo no que viaxaba a vítima, un Citroen Saxo, saíuse da citada vía e, o seu acompañante -- con lesións leves --, foi quen avisou ao 112. Chocou frontalmente contra un vehículo mixto Opel Combo, cuxo condutor foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense en estado leve.

    Tal e como trasladou 112 Galicia, foi necesaria a excarceración. Interviñeron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Muíños e a Garda Civil de Tráfico.

   O marido da vítima, ao recibir a noticia do ocorrido, desprazouse até o lugar. Alí sufriu unha indisposición que acabou provocándolle a morte, a pesar dos esforzos dos servizos sanitarios por reanimalo.

Contador

Contenido patrocinado