OQO Editora e OQO Filmes participan esta fin de semana en 'Achegarte 2011' cun stand propio

Achegarte OQO
EP/OQO
Europa Press Galicia
Actualizado: domingo, 3 abril 2011 11:49

SANTIAGO DE COMPOSTELA 3 Abr. (EUROPA PRESS) -

OQO Editora e o seu departamento audiovisual, OQO Filmes, participan esta fin de semana cun stand propio no espazo 'Achegarte 2011', que acolle ata este domingo o recinto feiral de Palexco en A Coruña.

Achegarte 2011 constitúe un espazo aberto para dar a coñecer a cultura que se fai en Galicia en todos os ámbitos, dende a literatura á música, a danza, a ilustración, a maxia ou as novas tecnoloxías, entre outros.

OQO Editora conta nesta cita cun stand propio onde o público asistente pode coñecer o seu fondo e últimas novidades. Así mesmo, tamén está presente no espazo dedicado á música galega, cun concerto-espectáculo de 'A nena e o grilo' ofrecido este domingo por Magín Blanco.

Contenido patrocinado