Os fogares con todos os seus membros en paro soben en 5.100 en Galicia ata marzo

Actualizado: jueves, 28 abril 2016 10:22

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Abr. (EUROPA PRESS) -

Os fogares en que todos os seus membros activos están no paro en Galicia aumentaron en 5.100 no primeiro trimestre respecto ao trimestre anterior, ata 80.200, o que supón un 6,8% máis, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Galego de Estatísica (IGE) da enquisa de poboación activa (EPA).

En relación co mesmo trimestre de 2015, esta tipoloxía de fogares en que todos os membros están desempregados reduciuse nun 15,5%, con 14.700 menos en termos absolutos.

Mentres, os fogares en que todos os seus membros activos están ocupados baixaron en 6.700 unidades ata marzo, un 1,2%, ata un total de 548.800, que son 31.000 máis que 12 meses atrás (+6% en variación anual).