Pastor carga contra os que "viven do conto" e di que o populismo e a demagoxia "teñen as patas moi curtas"

Actualizado: sábado, 28 febrero 2015 14:04

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Feb. (EUROPA PRESS) -

A ministra de Fomento, Ana Pastor, cargou este sábado contra os "viven do conto", aos que advertiu que o populismo e a demagoxia teñen "as patas moi curtas". Fronte a eles, destacou a "estabilidade" que representa o Partido Popular á fronte das institucións que goberna.

"O populismo e a demagoxia teñen as patas tan curtas que se lle están a ver xa as vergüenzas aos que queren dar leccións de ética e non son capaces de resistir nin o primeiro embate", manifestou a dirixente popular en referencia a partidos como Podemos durante a apertura da Convención municipal que o PPdeG celebra en Santiago de Compostela, na que estivo acompañada polo secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda.

No seu discurso, fronte aos que "falan e falan" e "non fan nada", Pastor situou o bo facer de xestores como o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, exemplo da xestión que os populares levarán aos municipios tras os comicios locais.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)