SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Ago. (EUROPA PRESS) -
A piscina pública de Monterroso (Lugo) foi cerrrada este luns sobre as 18.00 horas da tarde pola aparición de feces no seu vaso principal.
O alcalde da localidade, Eloy Pérez, consultado por Europa Press, confirmou a aparición dos excrementos, que foron localizados polo persoal de mantemento da piscina, que se atopaba chea de xente.
Tras evacuar a todos os asistentes procederon a pechala, en vistas a realizar os protocolos de desinfección sanitarios.
Pérez asegurou que descoñecen se se debe ao reto viral que se popularizou por toda España e afectou a máis de 300 piscinas públicas e privadas ou a un problema de incontinencia.
En calquera caso, explicou que pedirá colaboración aos bañistas para pescudar información e trasladarlla ás autoridades. Así mesmo, lamentou este suceso, que se produciu no medio dunha onda de "calor sufocante"
Este caso únese ao de Xinzo de Limia (Ourense) --piscinas que reabriron esta mesma tarde-- e ao dos municipios coruñeses de Ordes e Moeche.