24 de Febreiro de 2020
 
Actualizado 18/02/2019 12:00:04 CET

A renda dos fogares galegos aumentou un 1,8% en 2016

Cada habitante de Galicia dispuxo de 14.019 euros brutos e baixa o aforro por segundo ano consecutivo

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Feb. (EUROPA PRESS) -

A renda dos fogares galegos aumentou un 1,8 por cento no ano 2016, segundo datos sobre a economía doméstica publicados este luns polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Deste xeito, 2016 continuou a senda dos datos desde o ano 2010, período no que a renda dispoñible bruta dos fogares experimentou subidas aínda que a un ritmo menor do que crece a economía.

A renda bruta por habitante foi de 14.019 euros, un 1,8 por cento máis que en 2015. En total, os fogares galegos dispuxeron no devandito exercicio de 38.064 millóns de euros, un 1,3% superior ao total de ano anterior.

Así as cousas, o denominado 'sector fogares' representou o 21,3 por cento do Produto Interior Bruto (PIB) da Comunidade galega no ano 2016, un 2,4% máis que en 2015.

En canto ao saldo das rendas primarias --renda que obteñen os fogares antes de que interveña ningún mecanismo de redistribución--, 2016 deixou un aumento do 1,6%.

A diferenza do anterior exercicio, o saldo das rendas primarias foi maior que a renda dispoñible bruta, é dicir, os recursos (prestacións sociais e outras transferencias correntes) foron inferiores aos empregos (impostos correntes sobre a renda e patrimonio, cotizacións sociais e outras transferencias correntes pagas).

RECURSOS DOS FOGARES GALEGOS

A remuneración dos asalariados é o 47,9% (25.545.703 euros, unha contía máis baixa que en 2016 cando alcanzaba os 27.029.814 euros) dos recursos totais dos fogares, mentres que o as prestacións sociais alcanzan o 23,3% (12.401.399 euros, máis alta que en 2010, cando era de 11.141.158 euros).

O excedente entre explotación e renda mixta alcanza o 19,9% dos recursos, mentres que outras transferencias correntes (que inclúen bolsas de estudo, remesas de emigrantes, transferencias entre fogares e outras rendas) e rendas da propiedade supoñen o 8,9% dos recursos.

O 53% dos empregos totais do chamado sector fogares son cotizacións sociais, isto é, achegas dos fogares aos sistemas de prestacións sociais. Séguenlle en relevancia os impostos sobre a renda e o patrimonio (etc), cun peso total dos gastos do 27,3%.

O aforro nos fogares galegos volveu a reducirse por segundo ano consecutivo. Así, o gasto en consumo dos fogares creceu en 2016 nun 1,9%, seis décimas máis que o crecemento da renda dispoñible, o que provoca unha diminución do ahorr.

A taxa de aforro (o cociente entre aforro e renda dispoñible) no ano 2016 era do 8,4%, porcentaxe neste caso superior que en 2010, inicio da serie contable.

Lo más leído

  1. 1

    Activado el protocolo por un posible caso de coronavirus en Logroño

  2. 2

    Muere un acróbata tras lanzarse en un cohete casero para llegar al espacio y demostrar que la Tierra es plana

  3. 3

    Suspendido el Carnaval de Venecia y los eventos en La Scala mientras suben a 3 los muertos por coronavirus en Italia

  4. 4

    Italia confirma cinco víctimas mortales y más de 200 contagiados por el coronavirus

  5. 5

    Austria reanuda el tráfico ferroviario con Italia tras descartar dos supuestos casos de coronavirus