Rescatan a un home que se encontra inconsciente tras un incendio na súa vivenda en Oroso (A Coruña)

Archivo - Arquivo - Helicóptero e ambulancia do 061.
061 - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: domingo, 19 enero 2025 13:35

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Ene. (EUROPA PRESS) -

   Un home que se atopaba inconsciente tivo que se restacado tras declararse un incendio nun colchón da súa vivenda na avenida da Grabanxa, en Singüeiro.

    Segundo informou o 112 Galicia, foi o propio home o que sobre as 09.10 horas deste domingo deu a voz de alarma e indicou que non era capaz de abrir a porta do domicilio para saír ao exterior, polo que estaba confinado na cociña.

    A central de emerxencias solicitou a intervención dos Bombeiros de Ordes, a Garda Civil, os voluntarios de Protección Civil de Oroso e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

   Así, minutos despois das 10.00 horas os bombeiros explicaron que o lume calcinase un colchón e xa estaba extinguido. Pola súa banda, os profesionaes sanitarios trasladaron ao home ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado