Román Rodríguez ve "cambios moi importantes" na nova Xunta: "Rueda coñece perfectamente a administración"

Archivo - O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, na rolda de prensa após o Consello da Xunta, co presidente, Alfonso Rueda, ao fondo.
XUNTA - Archivo
Publicado: miércoles, 10 abril 2024 11:04

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Abr. (EUROPA PRESS) -

   O conselleiro en funcións de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, valorou como "cambios moi importantes" o anuncio realizado o pasado martes por Alfonso Rueda de que Cultura e Política Lingüística gañarán "peso" no seu novo goberno da Xunta.

   "Creo que o presidente Rueda, que coñece perfectamente a administración autonómica, está a avanzar cambios moi importantes para que a administración funcione mellor e para que Galicia funcione mellor", afirmou a preguntas da prensa após participar nun acto no Museo das Peregrinacións, en Santiago, este mércores.

   Sobre se Rueda xa lle comunicou o seu futuro respecto da nova Xunta, Román Rodríguez dixo: "Son cuestións que nestes momentos hai que esperar a que o presidente tome decisións e as comunique".

   Así, considera que o presidente da Xunta en funcións "está a adoptar decisións que son positivas para a Galicia do presente e a Galicia do futuro". "É obvio que tanto Cultura como Educación como Política Lingüística son áreas cunha gran forza que necesitan toda a nosa implicación", opina.

    "Creo que haberá deseñar unha estrutura que posibilite que tanto Educación como Cultura como outras áreas do goberno poidan funcionar mellor", asegurou Román Rodríguez.