Rueda traslada o seu pesar pola morte de Méndez Ferrín: "A súa obra xa forma parte da historia de nosas letras"

Xosé Luís Méndez Ferrín.
RAG
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 19 noviembre 2026 12:58

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Nov. (EUROPA PRESS) -

   O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou o seu pesar pola morte do escritor e pensador nacionalista Xosé Luís Méndez Ferrín, que faleceu esta madrugada aos 88 anos de idade.

   Nunha mensaxe na rede social 'X', o titular do Goberno galego enviou o seu "máis sentido pésame" para a familia e seres queridos do que fóra tamén presidente da Real Academia Galega (RAG) entre 2010 e 2013.

   "A obra de Xosé Luís Méndez Ferrín xa forma parte da historia das nosas letras", subliñou Alfonso Rueda dunha figura que deixa obras chave da literatura galega como 'Con pólvora e magnolias' (1976) e que foi proposto en varias ocasiones como candidato ao Premio Nobel.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado