Trasladan a tres persoas por mor dun incendio nunha vivenda en Vigo

Europa Press Galicia
Publicado: sábado, 13 junio 2020 19:43

VIGO 13 Jun. (EUROPA PRESS) -

Tres persoas precisaron asistencia sanitaria este sábado após rexistrarse un incendio nunha vivenda de Vigo, tal e como informou o CIAE 112-Galicia.

En concreto, o lume iniciouse sobre as 18,00 horas na cociña dunha vivenda dun edificio de 10 plantas situado na Avenida Alcalde Portanet, en Castrelos.

Até a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Vigo, da Policía Local e de Protección Civil, así como persoal sanitario, que trasladou a tres persoas ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Un dos feridos sufrira queimaduras, mentres que os outros dous estaban afectados por inhalación de fume.

Os bombeiros confirmaron, unha vez extinguidas as chamas, que ardera a campá extractora e os mobles superiores da estancia. Tamén resultaron danados os cristais da cociña e toda a vivenda viuse afectada o fume.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado