SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 Jul. (EUROPA PRESS) -
A Universidade de Santiago (USC) e o Grupo Aresa anunciaron hoxe a VII convocatoria do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, dotado con 10.000 euros, co que pretenden incentivar a investigación e o desenvolvemento, así como iniciativas empresariais innovadoras na agricultura e na gandería de Galicia.
O premio foi presentado hoxe en Santiago logo de que o reitor da USC, Senén Barro, e o presidente do Consello de Administración do Grupo Aresa, Álvaro Rodríguez, asinaran o convenio polo que se convoca. No acto participou tamén o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero.
O galardón tamén recoñece traxectorias persoais, empresariais ou institucionais na área agrogandeira, como elementos "fundamentais", segundo indicaron, para mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas vencelladas ao medio rural galego.
Organizado pola Universidade de Santiago e Aresa, compañía lucense que opera no sector dos fertilizantes e produtos gandeiros en España e Portugal, o gañador percibirá 10.000 euros, o que o converte no galardón "mellor" dotado de cantos na súa especialidade se outorgan en Galicia.
As últimas edicións do Premio Aresa suscitaron un "grande interese", segundo a organización, entre a comunidade científica galega e o empresariado. Por iso, o presidente da compañía lucense decidiu que o que nacera como unha actuación única de mecenado se tiña que converter nunha convocatoria de periodicidade anual.
Na súa primeira edición o premio recaeu na industria cárnica Novafrigsa (Grupo Coren), mentres que en 2001 foi recoñecido o investigador Javier Guitián Rivera, por un estudio multidisciplinar sobre a serra de O Courel. Na terceira convocatoria se distinguiu co galardón á Aula de Produtos Lácteos, centro de investigación integrado no Instituto de Investigación e Análises Alimentarias da Universidade de Santiago.
O cuatro galardón correspondeulle a José Manuel Silva Rodríguez, por entonces director xeral de Agricultura na Comisión Europea, e o quinto foi para a Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega. Pola súa banda, o premio distinguiu o ano pasado ao programa da TVG 'O Agro-Labranza', por ser testemuña directa da transformación da cultura agraria e do espazo rural
BASES
Os rexistros dos campus universitarios de Santiago e Lugo serán os lugares onde se deberán presentar as candidaturas, con data límite o 13 de outubro. O fallo darase a coñecer ao longo do mes de decembro e a entrega do galardón terá lugar en Lugo a comezos do ano 2007.
Formarán o xurado o reitor Senén Barro; o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras; e outras dúas personalidades vencelladas co sector agrario.
Para máis información sobre a convocatoria deste galardón e as anteriores, a organización pon a disposición dos interesados a páxina web www.premioaresa.com para que realicen as consultas oportunas.