SANTIAGO DE COMPOSTELA 4 Dic. (EUROPA PRESS) -
A pegada de carteis deu esta medianoite o pistoletazo de saída á campaña das eleccións xerais co resultado máis aberto da historia da democracia, tamén en Galicia, onde están en xogo 23 escaños, oito pola Coruña, sete por Pontevedra, catro por Lugo e outros tantos por Ourense.
O papel que xogarán novas formacións como Ciudadanos e Podemos, que concurre en Galicia en coalición con Anova e IU na candidatura En Marea, introduce unha marxe de incertidume nos resultados tamén nesta comunidade autónoma.
O BNG, que se presenta na papeleta de NÓS, xógase a súa presenza no Congreso, onde contou con representación dende 1996. Ademais, estos comicios tamén servirán para medir o desgaste ou a resistencia dos partidos clásicos de ámbito nacional, o PP e o PSOE, ante a irrupción de novas alternativas electorais.