Caixa Galicia aporta máis de 500.000 euros ao Concello de Santiago para colaborar na programación cultural da cidade

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 19 mayo 2006 17:20

SANTIAGO DE COMPOSTELA 19 May. (EUROPA PRESS) -

Caixa Galicia aporta máis de 500.000 euros ao Concello de Santiago para colaborar na programación cultural da capital galega en este ano, que abrangue actividades vencelladas á música, ao teatro, ao cine, as exposicións e a outras cuestións

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director xeral de Caixa Galicia, José Luís Méndez, asinaron hoxe o correspondente convenio de colaboración entre o concello e a Fundación da caixa. Este acordo renova a cooperación que ambas entidades veñen mantendo nos últimos anos e supón para a capital galega unha importante axenda de actividades culturais para o presente ano.

Segundo o alcalde, o Concello de Santiago e Caixa Galicia manteñen "unha relación extraordinariamente fluida". Sánchez Bugallo salientou a importancia do convenio asinado un ano máis e o feito de que a entidade contribúa a manter "unha parte importante da vida cultural e social da ciudade".

Froito do convenio asinado hoxe a Fundación Caixa Galicia achega 510.000 euros para o desenvolvemento da programación cultural da cidade. Destas actividades, unha parte serán organizadas e realizadas polo concello e outras pola propia entidade financieira. A programación a desenvolver no marco do presente convenio comprende as máis diversas áreas culturais cubrindo un amplo abano de gustos e preferencias dos cidadáns.

Entre estas actividades salienta o ciclo 'Sons da diversidade', que contará cunha achega de 90.000 euros. Outras propostas musicais son o Festival de jazz, o Ciclo de zarzuela, o festival Músicas do mundo durante as Festas do Apóstolo, o Festival de bandas, as Voces consoantes e o espectáculo musical As Dúas Beiras.

O convenio tamén prevé a representación en Santiago de varias obras teatrais, o festival cinematográfico Curtocircuíto 2006 ou a exposición da Sociedade Económica Amigos do País. O capítulo de espectáculos compleméntase con outro tipo de actividades, como a publicación do libro Caaveiro, as actividades nos centros socioculturais de Santiago ou o apoio á Rede de Cooperación Local.

"ATENCIÓN ESPECIAL" PARA SANTIAGO

No acto de sinatura do convenio, Sánchez Bugallo reiterou o agradecemento á entidade e engadiu que a colaboración tamén servirá para afrontar o Plan Estratéxico. Pola súa banda, José Luis Méndez amosouse moi satisfeito de poder rubricar un convenio que permite renovar a colaboración entre ambas entidades.

Méndez cualificou a relación co Concello de Santiago é "entrañable, agradable e confortable" e subliñou que a Obras Social e a Fundación de Caixa Galicia prestan "unha atención especial e preferente a Santiago de Compostela".

Lembrou que a sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago exhibe "as mellores exposicións en España", como son a adicada a Frida Khalo e á do Retrato Español con fondos do Museo del Prado. Asemade, salientou que o Centro de Investigacion Económica y Financiera (CIEF) ten su sede en Santiago e contará con novas instalacións.

Contenido patrocinado