O Colexio Peleteiro organiza un concurso literario para estudantes de ESO e Bacharelato de toda Galicia

Europa Press Galicia
Actualizado: domingo, 29 enero 2006 14:20

SANTIAGO DE COMPOSTELA 29 Ene. (EUROPA PRESS) -

O Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela ven de organizar a primeira edición dos Premios Literarios Minerva, dirixido a estudantes de ESO e Bacharelato de toda Galicia que non teñan cumpridos os 20 anos o 31 de decembro de 2006.

Os traballos deberán estar escritos en lingua galega e poderán concorrer nas modalidades de poesía e narrativa. No primeiro caso, constará dun conxunto de tres poemas de tema e forma libres, mentres que a narración terá unha extensión máxima de seis follas mecanografadas a dobre espazo e tamén de tema libre.

Os interesados en participar terán ata o vindeiro 15 de marzo para enviar seis exemplares do seu traballo. Nestes figurará o título e un pseudónimo ou lema, pero non o nome do autor. Nun sobre pechado intriducirán os datos personais do autor e, para acreditar a súa condición de alumnos, irán selados porlo Seminario Galego. No exterior do sobre figurarán únicamente o pseudónimo ou lema e título da obra.

Os traballos serán enviados conxuntamente a 'Premios Literarios Minerva', Colexio M. Peleteiro, San Pedro de Mezonzo, 27, 15701 Santiago de Compostela. O fallo farase público nos medios de comunicación o 22 de abril e a entrega dos premios terá lugar o 2 de maio nun acto celebrado no propio centro de ensino.

Os gañadores recibirán un premio de 750, 450 e 300 euros en cada unha das modalidades, así coma unha medalla de prata conmemorativa do certame e publicación das obras galardoadas nun libro editado polo colexio. Ademais, o xurado poderá outorgar accésits, así coma declarar os premios desertos.

Contenido patrocinado