A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña organiza puna charla sobre a lucha antifranquista

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 21 marzo 2006 11:39

A CORUÑA 21 Mar. (EUROPA PRESS) -

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña celebrará o venres, día 24, unha charla-coloquio sobre a "Resistencia armada antifranquista", nun acto que comenzará ás 20.00 horas aula de cultura da Fundación Caixa Galicia.

No debate, abordaranse as luces e sombras da loita armada que, coa forma de guerrilla ou de colaboración con ela, levaron a cabo homes e mulleres de Galicia e León para tentar defender a República, ante a sublevación militar de 1936.

No acto, participarán Francisco Martínez-López, de O Bierzo, que se uniu ó movemento guerrilleiro na partida de Manuel Girón. Despois do 1951 exiliouse en París. Súa nai tamén foi colaboradora da guerrilla segundo di en La guerrilla antifranquista de León (1936-1951).

Tamén estará Luis Lamela, autor de diversos traballos de investigación histórica sobre A Costa da Morte, a súa comarca de orixe. Tamén afondou no coñecemento da II República Española e da guerra civil en Galicia.

O outro convidado será Bernardo Maíz, licenciado en Xeografía e Historia, e doutor en Historia contemporánea. Entre as súas publicacións figuran "Memoria-Catálogo das publicacións galegas antifranquistas" (1990), "Galegos en Euskadi. Galicia no corazón" (1992) e "Ferrol. Siglo XX (2002)".

Contenido patrocinado