O Concello da Coruña ofrecerá o 16 de maio unha recepción institucional para conmemorar o Día das Letras Galegas

Actualizado: miércoles, 19 abril 2006 15:30

A CORUÑA, 19 Abr. (EUROPA PRESS) -

O Concello da Coruña celebrará o vindeiro 16 de maio unha recepción institucional, na sede da Fundación Luis Seoane, con motivo do Día das Letras Galegas, que se conmemorará ao día seguinte, segundo anunciou hoxe o rexedor municipal, Javier Losada, tras una visita institucional a sede da Real Academia Galega (RAG).

Na recepción, a que estarán convidados representantes de distintos sectores da cidade, entre eles a propia xunta directiva da RAG, farase un recordatorio de poemas de Luis Seoane. Ademais, o Concello herculino publicará unha edición facsímil deste artista galego. Os actos rematarán con actuacións musicais.

Xunto co anuncio deste acto, Losada trasladou na súa visita a RAG -como fixo tamén no seu discurso de investidura como alcalde- a súa intención de que o idioma sexa "fonte de integración, consenso e acordos" e a súa vontade de poñer o galego "nunca posición de ser usado sen confrontación e con normalidade", indicou.

O rexedor coruñés, que cualificou como "unha honra" o feito de poder ter dous idiomas e apelou a "identidade cultural" de Galicia, asegurou que aspira a que a Real Academia Galega (RAG) teña no Concello da Coruña e na súa persoa "un aliado" para poñer "o idioma galego e as nosas tradicións nos lugares que se merecen", manifestou. Tamén expresou o seu apoio a esta institución.

TOPONIMO

Nembargantes, evitou pronunciarse sobre o uso do topónimo da cidade en galego. Ao ser preguntado por esta cuestión remitiuse á contestación do presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, quen indicou que, ao tratarse dun acto institucional "e despois das manifestacións en defensa da identidade cultural -indicou en alusión as palabras de Losada- sobra a pregunta".

Aínda así, Barreiro lembrou que a RAG xa comunicou o que "entende que debe ser o topónimo", en referencia a súa postura en defensa do uso do mesmo en galego. No acto manifestou tamén o seu desexo de que a relación co concello e o novo alcalde sexa "cordial".

Por outra banda, anunciou que o vindeiro 26 de abril a Real Academia Galega organizará en Carral (A Coruña), en colaboración co concello e a Conselleria de Cultura, un acto de homenaxe aos fusilamentos que se produciron neste municipio no ano 1846. O presidente da RAG lembrou que a morte dos coñecidos como "mártires de Carral" supuxo o nacemento do espíritu galeguista.