Cristina Domínguez dirixirá o CDG cun "compromiso" coa dramaturxia galega actual e coa idea de diversificación

Actualizado: lunes, 20 marzo 2006 13:48

Ánxeles Bugallo resalta a "valía" d nova directora e asegura que conta "con toda a confianza" da Consellería de Cultura

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Mar. (EUROPA PRESS) -

A nova responsable do Centro Dramático Galego (CDG), Cristina Domínguez, afirmou hoxe que asume esta responsabilidade cun compromiso" coa dramaturxia galega actual e coa idea de diversificación para chegar a máis xente. Pola súa banda, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, salientou "a valía profesional" da nova titular da compañía teatral pública e que conta "con toda a confianza" do departamento autonómico.

Trala súa traxectoria como directora da compañía e coa experiencia docente na Escola Superior de Arte Dramática, Cristina Domínguez afirmou hoxe, en Santiago de Compostela, que se fai cargo da dirección do CDG desde "o respeto" que merece esta compañía e o traballo feito por todos os seus antecesarios.

Cristina Domínguez tivo palabras de especial recoñecemento á súa inmediata predecesora, Ánxeles Cuña, de quen dixo "é unha das persoas máis importantes do panorama teatral galego". A nova directora do CDG adiantou que a súa intención ao frente da compañía teatral do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) "non é facer un corte radical co feito por Ánxeles Cuña ni tampocou apropiarse do seu".

Declarou que tentará facer "unha transición e que o CDG siga funcionando con tranquilidade", pero recoñeceu que "ten os seus propios criterios" sobre o que ten que facer a compañía teatral pública. Pediu "un tempo" para poder definir a programación que quere para o CDG, pero adiantou "o seu compromiso coa dramaturxia galega de hoxe e que se escribe aquí", co obxecto de pontenciar que chegue á compañía pública.

Ademais de defender "abrir unha porta ás novas xeracións e aos novos creadores", Cristina Domínguez sinalou que pretende "centrase moito no CDG" e tamén "potenciar a programación do Salón Teatro", en Santiago. Outra das ideas é "abrir as portas da casa --do CDG-- á cidadanía".

A nova directora do CDG indicou que "ten moi claro que vai estar no teatro público" e dixo ser consciente "de que debe haber moita diversidade e chegar a todo o público". Insistiu que en que no CDG quere facer "unha boa transición e que todo o mundo se sitan apoiado".

"ORGULLO"

Pola súa banda, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, lembrou que a proposta de nomeamento de Cristina Domínguez foi levada o pasado venres ao Consello Reitor do IGAEM, pero puntualizou que nesa sesión se aceptou a demisión de Ánxeles Cuña como directora do CDG e que será noutra próxima xuntanza cando se confirme o novo nomeamento. Ánxela Bugallo salientou de Cristina Domínguez "a súa valía" como docente, como directora de 'A Factoría Teatro' e como profesional no eido do teatro. Recoñeceu que a Consellería de Cultura está "moi orgullosa" de que aceptara dirixir o CDG e sinalou que con este nomeamento pretenden "asegurar a continuidade da programación e o proceso de renovación" na compañía teatral pública.

Enmarcou a elección de Cristina Domínguez para dirixir o CDG nunha "aposta forte e clara polo teatro de país" e augurou que a nova directora vai facer un traballo "valioso, serio e profesional" no que a compañía pública seguirá cuna "etapa de renovación e innovación". Segundo Ánxela Bugallo, non dubida de que a nova directora "vai lograr que o CDG viva momentos de especial éxito". Para iso, declarou que "conta con toda a confianza da consellería".

TRAXECTORIA

Cristina Domínguez Dapena (Pontevedra, 1965) é titulada en Arte Dramática pola Real Escola Superior de Arte Dramática e Danza de Madrid na especialidade de interpretación. Actualmente dirixe a compañía A Factoría Teatro, actividade que compaxina coa docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo (ESAD). Conta cunha grande experiencia no mundo da escena e tense caracterizado pola súa aposta polo teatro máis contemporáneo e polo gran coidado da escenografía.

Como directora, obtivo o Premio Casares de Teatro 2002 á mellor dirección teatral por 'Coitelos nas Galiñas' (A Factoría Teatro) e o premio Pasarena 1999 de teatro de Logroño ao mellor espectáculo por 'A viaxe de Lola' (Alalá Produccións). Nesta edición dos Casares, que terá lugar o vindeiro 28 de marzo, opta con 'Tío Vania' a dez galardóns, entre eles o de mellor espectáculo e mellor dirección.

A súa traxectoria inclúe tamén traballos de interpretación nunha ducia de espectáculos e outros tantos como directora, asinando nos últimos anos 'O canto do Dime-Dime', de Daniel Danis, 'Tío Vania' de Chejov, ou 'Os Homes só contan ate tres' de Antón Lopo. Realizou tamén dirección teatral en espectáculos de danza contemporánea e musicais, e publicou o libro 'Técnicas de expresión Oral. O uso expresivo da voz' en Editorial Galaxia (2005).

Como docente, ademais do seu traballo na ESAD, ten impartido cursos na Aula de Teatro da Universidade de Santiago, en Espacio Aberto, en A Artística, na EGACI e en numerosas aulas de formación.