SANTIAGO DE COMPOSTELA 13 Jun. (EUROPA PRESS) -
A Consellería de Cultura e Deporte promove unha campaña para fomentar o interese pola poesía galega en colaboración coas preto de 630 panadarías de Galicia, que distribuirán unhas 150.000 bolsas que levarán escritos poemas de autores galegos.
Dado que cada día milleiros de galegos e de galegas acoden a estos establecementos para adquirir o pan, o departamento que dirixe Ánxela Bugallo decidiu usar esta actividade "para espertar na xente o interese pola nosa poesía" a través da campaña 'Pan con Poesía'. Deste xeito, a partir de agora as bolsas de 627 despachos de pan de todo Galicia levarán escritos seis poemas doutros tantos autores e autoras da nosa literatura.
Nunha panadaría de Santiago de Compostela, o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, e o vicepresidente da Federación de Panaderías da provincia de Pontevedra, Benigno Cervera, presentoaron hoxe 'Pan con Poesía'. En colaboración coa Federación Galega de Panadarías, distribuiranse 150.000 bolsas e 2.000 carteis promocionais en todos os establecementos da Federación.
Desta maneira, a maioría das casas galegas terán todos os días enriba da súa mesa ou nun lugar ben visible unha escolma de poemas galegos. As bolsas levan textos poéticos de Rosalía de Castro, Ana Romaní, Celos Emilio Ferreiro, Antón Avilés de Taramancos, Ramón Cabanillas, Ramón Otero Pedrayo e Uxío Novoneyra.