FERROL 21 Feb. (EUROPA PRESS) -
As obras de rehabilitación do espazo arquitectónico de Fontelonga serán inauguradas hoxe no decurso dun acto que terá lugar ás 12.00 horas no recinto histórico, rehabilitado pola Deputación da Coruña cun investimento de 282.259 euros.
O acto institucional contará coa presencia do presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e do almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol, Francisco Cañete Muñoz, así como do vicepresidente provincial, Xaime Bello, e do coronel xefe do Tercio Norte de Infantería de Marina, Joaquín Yáñez, ademáis doutras autoridades provinciais e locais.
As autoridades reuniranse inicialmente na Biblioteca de Oficiais do Cuartel de Dolores, onde se fará unha breve explicación do proxecto para, posteriormente, trasladarse a Fontelonga.
O espazo arquitectónico de Fontelonga foi rehabilitado pola Deputación da Coruña nunha actuación singular de recuperación do patrimonio cultural da cidade de Ferrol. As obras consistiron básicamente na reconstrucción dos muros, ademáis do acondicionamento xeral do conxunto.