A Fundación Eugenio Granell pon en marcha un servicio de visitas guiadas para as mostras dos vindeiros meses

Actualizado: jueves, 17 agosto 2006 16:00

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 Ago. (EUROPA PRESS) -

A Fundación Eugenio Granell, con sede en Santiago, pon en marcha un servicio de visitas guiadas dun máximo de unha hora e media para coñecer as diferentes mostras que acolla a entidade compostelana durante os vindeiros meses, co obxetivo de achegar o seu programa expositivo a grupos organizados.

Entre as mostras que acollerá proximamente a fundación destaca 'O estudio e os amigos de Granell', onde se poderá coñecer unha recreación do estudio do artista galego e as obras de amigos surrealistas moi achegados a Granell.

Ademáis, ata o 18 de setembro poderase visitar tamén 'Dons da intemperie. Poéticas conceptuais', unha exposición colectiva na que participan artistas españois como Luis Jaime Martínez del Río, Carmen Algarada, Luis Fego ou Nieves Viorreta entre outros.

A exposición 'Pensar en pedra' recolle ata setembro a obra fotográfica de Conchi Martínez sobre o universo da pedra en Galicia. Para rematar o ano, a Fundación Eugenio Granell acollerá a mostra 'A bailar' que amosará ata decembro óleos de gran formato do surrealisa Philip West.