O fundador de Jazztel pronunciará mañá en Santiago unha charla sobre novas tecnoloxías aplicadas á xestión empresarial

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 29 marzo 2006 18:33

SANTIAGO DE COMPOSTELA 29 Mar. (EUROPA PRESS) -

O empresario e fundador de empresas como Jazztel e ya.com, Martin Varsavsky, ofrecerá mañá xoves unha conferencia na Facultade de Ciencias Económicas de Santiago sobre a influencia das novas tecnoloxías na xestión e promoción empresarial e como medio de creación de empresas.

A conferencia terá lugar a partir das 13.00 horas na Aula A do centro compostelán. Con posterioridade a este acto, a partir das 16.30 horas, o reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, recibirá ao empresario no seu despacho no Colexio de San Xerome.

Martin Varsavsky é un empresario arxentino-español que fundou sete empresas nos últimos 20 anos. En 1984, mentres cursaba os seus estudos na Universidade de Nova Iork, comezou a primeira delas, Urban Capital Corporation, unha compañía norteamericana dedicado ao negocio inmobiliario que foi unhas das primeiras promotoras de 'lofts', desenvolvendo 50.000 metros cuadrados en Soho e Tribeca.

Dous anos despois creou Medicorp Sciences xunto cos científicos arxentinos Claudio Coello e César Milstein. A súa terceira compañía, Viatel, foi fundada en 1991 téndose convertido na actualidade nun gran operador de fibra óptica en Europa.

Ata o momento, as iniciativas máis coñecidas de Martin Varsavsky son as desenvolvidas nos últimso oito anos. Jazztel, fundada en 1997, é o primeiro proveedor alternativo de acceso local da Península Ibérica. Ya.com, outro exemplo das compañías creadas por Varsavsky, é na actualidade a segunda empresa máis importante de contidos de Internet de España. A última empresa promovida por este empresario é FON, iniciativa empresarial que ten como obxectivo crear unha comunidade Wi-fi que permita aproveitar todas as vantaxes que esta tecnoloxía propón.

Paralelamente á súa actividade empresarial, Martin Varsavsky é profesor no Instituto de Empresa. Entre os premios que ten acadado en recoñecemento ao seu labor, Varsavsky é Empresario Europeo das Telecomunicacións en 1998, Empresario Europeo do Ano pola ECTA en 1999, Global Leader for Tomorrow polo World Economic Forum en Davos (2000), Empresario Español do Ano 2000 por iBest e finalista no concurso Empresario do Ano na cidade de Nova York en 1995.

Contenido patrocinado