Un home secuestra en Abadín (Lugo) a súa ex compañeira sentimental á que libera tras mediación da Guardia Civil

Actualizado: jueves, 6 septiembre 2007 13:40

ABADIN (LUGO), 6 Sep. (EUROPA PRESS) -

Unha persoa foi secuestrada no seu domicilio de Abadín (Lugo) polo seu ex compañeiro sentimental, un novo do municipio tamén lucense de Alfoz de 31 anos de idade, que decidiu, finalmente, liberala tras a mediación da Guardia Civil, que logrou deter o agresor.

O novo B.P.C. foi detido as 03.15 horas do día 5 na localidade de Abadín (Lugo), acusado de autor dunha detención ilegal ou secuestro.

A Guardia Civil informou de que ás 20.00 horas do martes tivo coñecemento dunha suposta detención ilegal, ou secuestro, dunha persoa no seu domicilio en Abadín, a mans dun antigo compañeiro sentimental, quen empregou para iso unha arma branca, coa cal intimidou e lesionou un familiar desta, para posteriormente abandonar o lugar nun turismo, levando consigo a victima.

A continuación dirixiuse co seu turismo, a unha zona pouco transitada, na cal permaneceron durante un longo espazo de tempo, sendo esta unha zona montañosa coñecida como 'A serra do Xistral' na provincia de Lugo.

Tras un arduo dispositivo policial para a localización destes, conseguiuse establecer distintas comunicacións co agresor, mediante as cales se consegue que o agresor abandone o lugar no que se atopaba oculto coa súa vítima, momento no que foi interceptado por unha patrulla da Guardia Civil, que conseguiu a liberación da vítima e a detención do suposto agresor, que foi posto a disposición xudicial.