A Mesa critica a Marisol López por non actuar para correxir a "mala situación" do galego e suxire que non siga no cargo

Actualizado: miércoles, 26 abril 2006 18:54

O PSdeG di que "non se vai mover nin un milímetro" do pacto de goberno co BNG no que ten que ver co potenciamento do PXNLG

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Abr. (EUROPA PRESS) -

A Mesa pola Normalización da Lingüística plantexou hoxe que a lingua galega vive unha situación "mala" e que precisa dunha "nova política lingüística" que, segundo dixo, non está a desenvolver a secretaria xeral do departamento encargado desta materia, Marisol López. Por iso, suxiren á responsable de Política Lingüística que se plantee a continuidade no seu cargo.

O presidente da Mesa, Carlos Callón, compareceu hoxe na Comisión parlamentaria de Educación e Cultura, en resposta a unha iniciativa do Grupo Parlamentario do BNG para coñecer a avaliación desta organización social sobre a situación da lingua galega e as propostas de adopción de medidas ao respecto.

Tras unha exposición inicial sobre a "preocupante" situación na que se atopa a lingua galega e necesidade de "correxirla", cuestións que foron compartidas polos deputados do PSdeG, do BNG e do PPdeG, o debate derivou nas críticas da Mesa ao departamento que dirixe Marisol López --quen participou previamente estivera na sesión da mesma comisión para respostar a unha pregunta oral, pero que se tiña marchado para desempeñar as súas responsabilidades--.

Ao longo das súas intervencións, Callón apuntou que en materia de Política Lingüística coa nova Xunta houbo "cambio de persoa e de estructura, pero continuidade" respecto as accións que se están a desenvolver, ás que cualificou de "distración fraudulenta". "Na Mesa vemos con preocupación que desde a Secretaría Xeal de Política Lingüística non se están a tomar medidas", afirmou Carlos Callón, quen engadiu que "é triste dicilo, pero non vemos ningún cambio relevante respecto ao anterior mandato" --cando gobernaba o PP--. O responsable da Mesa lembrou que a súa organización se está a entrevistar con todos os departamentos da nova Xunta e mesmo salientou que a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, os ten recibido en varias ocasións. Por contra, dixo que a responsable de Política Lingüística é a menos receptiva.

Carlos Callón manifestou que A Mesa entende que "a política lingüística non é un capricho" e que, por tanto, que a Secretaría Xeral "ten que estar para algo". Segundo dixo, aínda "se está a tempo" de que a situación cambie. Por iso, manifestou que "se a secretaria xeral non ten capacidade para desenvolver a política lingüística ou se sinte limitada no seu traballo, entenderían que recapacitase sobre a súa continuidade, porque Galicia precisa doutras políticas".

CHAMADA DE ATENCIÓN

As alusións á Secretaría Xeral motivaron nun momento no que estaba a intervir Carlos Callón que a presidenta da Comisión, María del Carmen Acuña (PSdeG) pedise ao responsable da Mesa que "se axustase" a petición da comparecencia e non fixese valoracións políticas.

Sen embargo, o deputado do BNG e responsable da participación da Mesa na comisión, Bieito Lobeira, plantexou que "non era oportuna a chamada de atención" e, posteriormente, no seu turno de intervención, advertiu que, ao tratar sobre a "vulneración dos dereitos lingüisticos" e da situación do galego, tense que "falar do papel das institucións" e que "él non permitiría que ninguén lle fixese calar".

Nunha primeira intervención, Lobeira defendeu como oportuno o coñecer a opinión da Mesa, como organización social en defensa do idioma, respecto á situación do galego e, mesmo, pediu que se pronunciase sobre á reacción da Junta de Extremadura ante as politicas a prol do galego en determinadas zonas desta comunidade --cuestión que foi respostada por Callón, non senso de que "non entenden que mal hai" en que haxa intercambio cultural--.

Tamén o deputado do PP Maximino Rodríguez aproveitou para plantexar á presidenta unha cuestión de orde e dicir que tamén debería chamar a atención ao comparecente polas críticas aos gobernos do PP. En canto á situación do galego, o parlamentario popular defendeu que "todos os atrancos e discriminacións da lingua galega deben superarse" e avogou por "poder vivir en galego todos os días do ano", ainda que sen renunciar ao bilingüísmo.

PSdeG, DEFENSA DA XUNTA

Pola súa banda, o deputado do PSdeG Francisco Cerviño aproveitou un dos seus turnos para sinalar que o seu grupo coincide na idea de que "o galego precisa dun cambio na política lingüística", pero apuntou que xa se produciu coa aprobación do PXNLG e que a Secretaría Xeral de Política Lingüística traballa para desenvolver este plan.

Aludiu a que á Administración "gustaríalle ter unha variña máxica para cambiar a situación de forma rápida, pero que hai fortes inercias que evitan que as accións poidan ser instantáneas". Recriminou ao responsable da Mesa que "non parece razonable" que "dude o prexulgue" ás áreas de Educación e á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Cerviño afirmou que "o PSdeG non se vai mover nin un milímetro do pacto de goberno co BNG no que ten que ver co potenciamento do PXNLG". Apuntou as "difícultades" que exiten no que se refire ás políticas vencelladas coa lingua e defendeu "a necesidade de reflexionar e actaur con prudencia, habendo o guieiro do PXNLG".

Por último, o deputado socialista denunciou que A Mesa "tomou a decisión política de ostigar á Secretaría Xeral de Política Lingüística" e advertiu que o PSdeG "vai defender ao Goberno galego e que, cando considere que non o está facendo ben, tamén o dirá".

SITUACIÓN DO GALEGO

Con anterioridade, Callón comezou a súa intervención proclamando que "A Mesa entende que a situación do galego reclama unha nova política lingüística" e, para apoiar esta conclusión, aludiu a diferentes estudos para falar da "caída xeneracional no uso da lingua" como o Mapa Sociolingüístico de Galicia ou recentes informes do Instituto Galego de Estatítica (IGE) ou do Instituto Nacional de Estadística (INE).

Apuntou que os 16 anos de goberno de Manuel Fraga en Galicia "poidendo e habendo competenicas para elo non se superou a situación precaria --do galego--, senón que se agudizou". Agás "un elemento mínimamente positivo" como é a mellora nas destrezas para ler e escribir en galego, o responsable da Mesa lembrou a pérda de galegofalantes, sobre todo entre os máis novos; o incumprimento da lexislación en canto ao ensino en galego; a "vulneración de dereitos lingüísticos" e o feito de que "hai moitísima máis demanda de galego que oferta", tanto desde as administracións como desde a empresa.

Na súa exposición, Carlos Callón tirou dun informe do Consello de Europa de finais de 2005 no que, subliñou, aparecían datos que falaban do "incumprimento" da Carta Europea de Linguas Minoritarias e que supoñía "un tirón de orellas ao Goberno e á Xunta". Segundo dixo, este informe instaba a "correxir" os atrancos cos que se atopan os cidadáns no acceso ao galego en eidos como a Xustiza e os incumprimentos en canto á toponimia; lembraba á Administración xeral do Estado que debía garantizar a cooficialidade; e defendía que se mudara o actual modelo educativo "desgaleguizador".

Ante esta situación, o presidente da Mesa explicou que a organización demanda "que se poñan as medidas necesarias para correxir a situación de vulneración de dereitos lingüísticos" e pediu "que se cumpla" o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG), que foi aprobado por "unanimiade" no Parlamento de Galicia en 2004.

Segundo Callón, tal e como aparece no PXNLG, hai que actualizar o decreto sobre uso do galego no ensino; a Xunta e outras administracións --deputacións e concellos-- deben introducir nas axudas públicas cláusulas a prol da galeguización; hai que traducir ao galego os formularios administrativos; e débense establecer normas xerais e uniformes sobre a capacidade lingüística a requerir nos procesos de oposicións. Tamén defendeu unha aproximación ao mundo lusófono.