A Mesa pola Normalización presenta unha queixa pola exclusión do galego na páxina web da Axencia Tributaria

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 15 mayo 2006 16:29

A CORUÑA 15 May. (EUROPA PRESS) -

Representantes da Mesa pola Normalización Lingüística presentaron hoxe na Delegación Especial en Galicia da Axencia Tributaria en A Coruña unha queixa por impedir a posibilidade de usar o galego na súa páxina web.

No seu escrito, a Mesa reclama que se corrixa "axiña e definitivamente" esta situación. O seu presidente, Carlos Callón, indicou, antes de formalizar a entrega do documento, que "un ano máis a Axencia Tributaria impón o castelán como única língua de xestión a través de Internet" e lembrou que non é a primeira vez que denuncian esta situación.

Callón, que precisou que sí se permite o uso do catalán, ademáis do castelán, pediu unha rectificación "para que a Administración garanta os dereitos dos administrados". Tamén reclamou que o novo Estatuto de Autonomía de Galicia impida a exclusión do galego nas webs, impresos o publicidade de todas as administracións situadas en Galicia, incluida a Administración Xeral do Estado.

Ao respecto, reivindicou que sexa un Estatuto "de tolerancia cero coa discriminación lingüística" e denunciou que nestes momentos todavía "hai persoas despedidas por falar en galego ou que son reprendidas por pedir un menú en galego", engadiu en alusión ao ocurrido a unha persoa nun establecemento de comida rápida en Ferrol.

Por outra banda, fixo un chamamento á cidadanía para que participe na manifestación convocada para o día 17, con motivo do Día das Letras Galegas, en Santiago de Compostela en defensa da língua. A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda y desde A Coruña sairán autobuses gratuitos.

Contenido patrocinado