A Mesa quere que o novo Estatuto atribúa ao galego a condición de "dereito e deber" como fai a Constitución co castelán

Actualizado: martes, 21 marzo 2006 12:53

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Mar. (EUROPA PRESS) -

A Mesa pola Normalización Lingüistica reivindica que o proceso de reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia permita que o novo texto atribúa ao galego a condición de "dereito e deber" como fai a Constitución co castelán.

Nunha entrevista na TVG, recollida por Europa Press, o presidente da Mesa, Carlos Callón, defendeu que o galego sexa recoñecido no novo Estatuto como "lingua propia de Galicia" o que sexa "un dereito usala e un deber coñecela". Engadiu que isto tendría "repercusións" e, por exemplo, implicaría que os xuices ou os funcionarios deberían usar esta lingua.

Sobre a posibilidade de que a reforma do Estatuto gallego siga o exemplo do feito no caso do catalán, o responsable da Mesa avogou por "unha fórmula acaida ás necesidades de Galicia" e admitiu que "aspiran a un maior consenso e a que as cuestións da lingua sexan aprobadas por unanimidade no Parlamento".

Segundo dixo, en Galicia "calquer cidadán desexa a normalización da lingua". Asemade, aproveitou para criticar as accións da actual secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, á que recriminou unha actitude "pusilánime" e que non teña introducido cambios respeto á liña seguida polo anterior gobierno da Xunta.

Opinou que Marisol López, nas súas decisións, está presionada "por un sector duro do PSOE que se opón ao galego" e considerou que debería "reflexionar" sobre a súa continuidade no cargo.