Política Lingüística financia con 1,2 millóns de euros a realización de 381 cursos de formación en lingua galega

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 22 marzo 2006 18:05

SANTIAGO DE COMPOSTELA 22 Mar. (EUROPA PRESS) -

A Secretaría Xeral de Política Lingüística investirá algo máis de 1,2 millóns de euros na realización de un total de 381 cursos de formación en galego, tanto de lingua oral como espacializados, distribuídos nas catro provincias galegas.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, o maior volume de actividades formativas concentrarase na provincia da Coruña, que acollerá 131 cursos de lingua oral, iniciación e perfeccionamento, 20 cursos medios de linguaxe administrativa galega para o persoal das administracións públicas de Galicia e nove cursos de iniciación e perfeccionamento para mestres e profesores.

Na provincia de Pontevedra fináncianse 100 cursos de lingua oral, iniciación e perfeccionamento, seis de linguaxe administrativa e cinco para o profesorado. En Ourense convocaranse 50 cursos orais, de iniciación e perfeccionamento, catro de linguaxe administrativa galega e dous para mestres e profesores. E por último en Lugo prepáranse 47 cursos de lingua oral, iniciación e perfeccionamento, cinco de linguaxe admnistrativa e dous para o profesorado.

En total, a Secretaría Xeral de Política Lingüística vai investir nos cursos de lingua oral, iniciación e perfeccionamento algo máis de un millón de euros euros; nos cursos medios de linguaxe administrativa galega investirá 113.250 euros e nos cursos para o profesorado 59.100 euros.

Esta mesma semana comezan a impartirse xa algúns dos cursos. Todos eles son gratuítos e teñen unha duración de 75 horas lectivas, sendo obrigatoria a asistencia ás clases. Os cursos medios de linguaxe administrativa celébranse en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e dos 35 que se van impartir resérvanse 25 para o persoal da Administración autonómica galega. Estableceranse dúas quendas, a que comeza este mes e a que terá inicio entre setembro e outubro.

Contenido patrocinado