O Premio Nacional de Edición na categoría infantil e xuvenil recae nunha obra distribuida en Galicia por Kalandraka

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 8 junio 2006 14:13

PONTEVEDRA 8 Jun. (EUROPA PRESS) -

O Ministerio de Cultura vén de fallar o Premio Nacional de Edición que, na categoría infantil e xuvenil, recaeu en 'A la sombra del olivo', editado por Kókinos e distribuido en Galicia por Kalandraka Editora.

Este novo galardón vén sumarse ao Primeiro Premio Nacional de Ilustración, que lle foi concedido recentemente a Isidro Ferrer pola obra 'Una casa para el abuelo', que tamén distribúe a editorial pontevedresa para os lectores galegos.

'A la sombra del olivo' contén un CD no que se poden escoitar 29 cancións infantís árabes e bereberes -recompilados polas investigadoras Magdeleine Lesasle e Hafida Favret- que forman parte do acervo de nanas, xogos e rimas dos rapaces do Magreb: arxelinos, marroquís e tunecinos.

O libro, ilustrado por Nathalie Novi, contén unha transcripción da letra das cancións e unha versión en caracteres árabes, que foi traducida ao castelán por Miguel Ángel Mendo.

Este libro forma parte dunha colección á que tamén pertencen os títulos 'Canciones infantiles y nanas del baobab' e 'Cancionero infantil del papagayo'.

A estes, que tratan sobre a tradición musical da África negra e da cultura lusófona de Brasil e Portugal, respectivamente, unirase proximamente un novo volume con cancións infantís da cultura sefardí e algunhas letras en xudeoespañol, segundo avanzou a editorial.

Contenido patrocinado