Quintana aposta por unha nova política xuvenil baseada na "transparencia" e que non de "costas" aos mozos

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 16 enero 2006 15:50

SANTIAGO DE COMPOSTELA 16 Ene. (EUROPA PRESS) -

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, apostou hoxe por unha nova política xuvenil baseada na "transparencia" á hora de condeder as subvencións e que non sexa planificada de "costas" aos mozos galegos.

Por iso, anunciou que o seu departamento, a través do secretario xeral de Xuventude e Voluntariado, Rubén Cela, manterá 12 xuntanzas nas vindeiras semanas con asociación xuvenís, organizacións de voluntarios e responsables de puntos de información xuvenil para que a mocidade galega participe de "xeito directo" na planificación destas políticas. "Queremos que participen para marcar obxectivos entre todos", apuntou.

"Dende a Vicepresidencia queremos unha nova política para a xuventude feita da man da mocidade galega, e non de costas a ela, tal e como se fixera ata agora", salientou. Así, destacou que, a partir de agora, rematará a política de "subvencións" e comezará a de "colaboración".

Neste senso, Cela manifestou a súa intenció de primar as programacións anuais e establecer un sistema de evaluación dos obxectivos das asociacións que, ao igual que o importe das cantidades subvencionadas, será publicado no Diario Oficial de Galicia. Asemade, anunciou que, a partir de agora, haberá partidas económicas para os equipamentos.

O director xeral de Xuventude tamén indicou que falará coas asociacións de voluntarios para deseñar o novo Plan Galego de Voluntariado 2006-2009 e se reunirá cos responsables dos Puntos de Información Xuvenil para abordar a política futura destes centros. Asemade, indicou que a estes encontros acudirán os delegados da Consellería de Vivenda para informar sobre o programa de vivendas en aluguer.

Contenido patrocinado