A TVG actualiza a súa grella de verán e programa desde hoxe as series 'Invasión' e 'Quita e pon' nas noites dos xoves

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 6 julio 2006 13:56

SANTIAGO DE COMPOSTELA 6 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Televisión de Galicia (TVG) actualiza a súa grella con motivo da programación de verán e, a partir de hoxe, propón aos seus espectadores dúas novas series que programará nas noites dos xoves.

A canle autonómica inicia esta proposta en prime time (22.00 horas) coa emisión dunha dobre entrega de 'Invasión', serie norteamericana do 2005 que conta os traumáticos acontecementos que lle ocorren a unha familia afectada por un terrible e devastador furacán, así como as repercusións que esta traxedia produce nunha pequena cidade do estado de Florida.

Esta produción inclúe unha trama de ciencia ficción na que se amosa a chegada de naves extraterrestres camufladas no medio do desastre natural.

A continuación, os telespectadores poderán volver ver as novas entregas de 'Quita e pon', polémica serie baseada nunha clínica de cirurxía plástica do sur de Florida, como marco dunha historia na que a sociedade do culto ao corpo e á beleza é o fío condutor.

Contenido patrocinado