Unha forte granizada provoca varios accidentes na A-6 ao seu paso por Lugo

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 17 mayo 2013 21:39

SANTIAGO DE COMPOSTELA 17 May. (EUROPA PRESS) -

Unha forte granizada que caeu en Lugo durante a tarde deste venres provocou varios accidentes na A-6 ao seu paso pola localidade, segundo informan a Europa Press fontes de Tráfico.

En concreto, preto das catro da tarde rexistráronse precipitacións intensas en forma de granizo que, ao acumularse na estrada, provocaron varias saídas de vía e choques entre vehículos na A-6 ao seu paso por Lugo.

Malia iso, as mesmas fontes aseguran que non se produciu ningún incidente de gravidade e que a situación está liquidada, sen maiores problemas de circulación.

Contenido patrocinado