A Universidade de Santiago de Compostela inaugura mañá sete cursos de verán en Santiago, Lugo, Foz, Muros e Vilagarcía

Europa Press Galicia
Actualizado: domingo, 16 julio 2006 20:34

SANTIAGO DE COMPOSTELA 16 Jul. (EUROPA PRESS) -

Os cursos de verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC) darán comezo mañá luns día 17 en Santiago, Lugo, Foz, Muros e Vilagarcía de Arousa. A USC ofrece este ano sete cursos que abarcan temas tan variados como a música, a menciña, o cinema, as novas tecnoloxías ou os ríos.

En Santiago impartiranse tres destes cursos, que serán inaugurados mañá na capital galega. En primeiro lugar, ás 10.00 horas abrirase na Facultade de Ciencias da Educación o curso 'A formación musical do musicoterapeuta' dirixido por Carol Guillanders. Ao acto asistirá tamén o vicerreitor da Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José Mayán.

Á mesma hora, na Facultade de Medicina comezará o curso 'Historia da medicina galega' co relatorio 'Testemuños antigos do aspecto físico da poboación' a cargo do profesor José Carro Otero. Por último, ás 12.00 horas, será a Facultade de Xeografía e Historia da mesma cidade a que acolla a inauguración do curso 'Cine e nación', dirixido por Xosé Nogueira.

Por outra banda, na Facultade de Ciencias do campus de Lugo dará comezo ás 9.30 horas ó curso 'Novas tendencias e tecnoloxías para un desenvolvemento sostible', a cargo do vicerreitor de Coordinación do campus lucense, Carlos Herrero. Sen sair da provincia de Lugo, a localidade de Foz acollerá na casa da cultura 'Poeta Manuel María' a inauguración do seminario 'As reformas educativas nunha perspectiva histórica' dirixido polo profesor Eugenio Otero.

A localidade coruñesa de Muros acollerá na súa casa da cultura ás 10.00 horas a apertura do curso 'Xestión integrada de zonas costeiras' impartido polo profesor Alberto Martí. O séptimo destes cursos, que levará o título de 'Os ríos e lagoas de Galicia como bens patrimoniais. Natureza, tradición e cultura' será inaugurado mañá en Vilagarcía de Arousa polo vicerreitor Xoan Carlos Carreira.

Contenido patrocinado