AV.- Novacaixagalicia loitará por manter a maioría do novo banco e está "centrada" en captar capital privado

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, reúnese co director xeral de N
XUNTA/Photographer: xoan crespo
Actualizado: lunes, 7 marzo 2011 20:49

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 Mar. (EUROPA PRESS) -

O director xeral de Novacaixagalicia, José Luis Pego, afirmou este luns que a caixa "está a loitar" por manter a maioría no novo banco que constituirá e que a "principal aposta" da entidade neste momento é "captar capital privado dentro de Galicia e fóra de Galicia".

Tras manter unha reunión coa conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, á que tamén acudiu o director xeral adxunto, Javier García de Paredes, Pego afirmou que a "aspiración" é ter o control maioritario da nova entidade que xurda. Ademais, indicou que non desbota ningunha alternativa para capitalizarse, en resposta a preguntas sobre se Novacaixagalicia acudirá ao FROB 2.

"A nosa principal aposta e no que estamos centrados neste momento é en captar capital privado dentro de Galicia e fóra de Galicia", afirmou e indicou que están a solicitar toda a información e nos próximos días farán públicos os datos referidos á situación da caixa fusionada galega. Pego considerou precipitado falar de posibles investidores e sinalou que deberán cumprir as condicións establecidas ao respecto polo Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

(HABERÁ AMPLIACIÓN)