Deputados de En Marea e do BNG concéntranse contra as detencións en Cataluña
EUROPA PRESS
Actualizado: miércoles, 20 septiembre 2017 14:55

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Sep. (EUROPA PRESS) -

   Deputados de En Marea e o BNG concentráronse ás 14,00 horas deste mércores ante o Parlamento galego en protesta contra a "represión" en Cataluña.

   Con carteis nos que se podía ler 'Represión non. Galiza con Cataluña', os deputados presentes este mércores no Parlamento, tras unha mañá con dúas comisións, saíron á entrada para concentrarse.

   Esta mostra de apoio chega despois de que este mércores a Garda Civil detivese a varias persoas en Cataluña, entre elas altos cargos do Govern, nun operativo contra os organizadores do referendo.

Más noticias