Plataforma de Bomberos Públicos
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: miércoles, 23 julio 2014 20:31
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

Cren que non pode existir un plan real de coordinación de Servizos de Emerxencia cando hai "tantos e tan variados grupos de actuación"

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Jul. (EUROPA PRESS) -

   A Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia denunciou este mércores que a "falta de coordinación" entre os servizos de salvamento denunciada polo colectivo durante o operativo de rescate posterior ao accidente do Alvia en Angrois persiste un ano despois, dado que os "responsables políticos" non puxeron en marcha "medidas" orientadas a corrixir esta situación.

   Nunha rolda de prensa celebrada en Santiago e na que quixeron expresar o seu "recordo e homenaxe" ás vítimas do accidente de Angrois e a todos os que tiveron que enfrontarse a esta situación, a Plataforma recordou que xa o pasado ano emitiu un informe no que se "poñía en entredito o operativo" de rescate, "criticando a falta de coordinación durante as operacións" e as "deficiencias en canto á xestión de medios materiais e humanos".

   "A realidade é que ningún responsable político tivo o máis mínimo interese en analizar o que aconteceu en Angrois, nin sequera de xeito construtivo, como parte dunha aprendizaxe que nos pode resultar a todos moi útil", recolle un manifesto asinado pola Plataforma e que foi lido por Miguel Uclés.

   En particular, os Bombeiros denuncian que non exista aínda un "protocolo de coordinación" nin normas de actuación conxunta para o mapa de recursos de salvamento e emerxencia en Galicia, que é "de natureza indescritible".

   De feito, recordaron, Galicia conta con bombeiros funcionarios, bombeiros privados, Grupos Municipais de Intervención, Grupos supramunicipais, Agrupacións de Voluntarios e outras entidades que contan con "capacidade para intervir en sinistros en igualdade de condicións".

   Non obstante, lamentan, "non existen" criterios homoxéneos nin nas probas de acceso nin na formación, e non existe "un protocolo de coordinación nin de comunicación que os aglutine nun mando único operativo".

EMPRESAS PRIVADAS

   En particular, dende a plataforma critícase a entrada en parques comarcais de empresas privadas, o "único valor engadido" das cales é o do "ánimo de lucro" e a "explotación laboral". "Outra boa parte do diñeiro dos contribuíntes destínase á creación de Grupos Municipais ou supramunicipais, así como Agrupacións de Protección Civil, con persoal de dubidosa cualificación e sistemas de acceso moi pouco transparentes", denuncian.

   "Un ano despois, e avalados polo éxito de operativo de Angrois, os nosos políticos decidiron seguir apostando por este modelo. O modelo da precariedade laboral, da precariedade profesional", critican dende a Plataforma.

   A Plataforma de Bombeiros Públicos recoñece o "labor realizado no sinistro" por "todos os que participaron no operativo", onde se actuou "con celeridade e dilixencia", e dirixe as súas "críticas" ao "sistema de funcionamento xeral dos servizos de emerxencia e, concretamente, dos servizos contra incendios e de salvamento".

   "Non pode existir en Galicia un plan real de coordinación dos Servizos de Emerxencia cando existen tantos e tan variados grupos de actuación con diversidade de formas de acceso e formación, así como de contratación, como tampouco existe un sistema eficaz de integración capaz de facelos traballar ao unísono cando é necesario facelo", apunta.

   De feito, dirixen as súas críticas aos "políticos que construíron unha Axega ineficaz", asentando o seu funcionamento "sobre intereses privados", e a unha Academia de Seguridade Pública "inoperativa".

   Dende a Plataforma esixen a "regulamentación" e "profesionalización" do servizo "público", con "sistemas de acceso homoxéneos" e "formación de calidade" para evitar a "usurpación de funcións" e o "intrusismo profesional" por parte de "empresas privadas" e de "distintos entes como voluntarios que levan a cabo funcións reservadas a persoal profesional" e que interveñen "sen unha cualificación mínima".

MEDALLA DE GALICIA

   A Plataforma de Bombeiros Públicos aproveitou o acto para lanzar unha crítica ao "oportunismo" da Xunta pola entrega das Medallas de Galicia o día 24 de xullo, coincidindo co aniversario do accidente.

   Neste sentido, e aínda que respectan a decisión particular de quen queira acudir a recoller o recoñecemento, a Plataforma critica que "un ano despois" a Xunta "queira aplacar as críticas con medallas e recoñecementos". "A nosa maior medalla xa a recollemos aquel día en Angrois e foi a mirada, o abrazo ou o xesto daquelas persoas ás que axudamos", concluíron.

Más noticias