Actualizado: jueves, 2 octubre 2014 20:34
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

LUGO, 2 Oct. (EUROPA PRESS) -

   O Concello de Baralla (Lugo) trasladará de forma temporal as oficinas municipais ao centro social, situado a uns 50 metros da casa do concello, despois dos estragos que provocou a explosión atribuída a Resistencia Galega polo delegado do Goberno este mércores.

   ÁS 8,00 horas, como todos os días, abriu as súas portas a Casa Consistorial, as oficinas da planta baixa da cal son as máis afectadas. Así as cousas, os funcionarios recollen o seu material para trasladarse ás novas oficinas, habilitadas no centro social.

   O alcalde, o popular Manuel González Capón, explicou que este xoves "se están a mirar os danos", xa que é o día de avalialos. "Dende as 8 estou a cambiar o material todo do Concello para empezar a traballar no concello que imos crear no centro social, a uns cincuenta metros,", sinalou.

   Aínda que evitou dar un prazo concreto para este traslado, indicou que, "tras un primeiro cálculo, ao mellor --prolóngase-- entre dous e tres meses". Capón puntualizou, ademais, que se está "pendente" dos peritos "para empezar a facer as primeiras xestións".

Más noticias