Empresas de tecnoloxía incorporan aos seus aparellos electrónicos o modo galego nas súas opcións de lingua

Actualizado: sábado, 23 febrero 2008 13:02

Blu:sens expresa a súa "intención" de que o idioma propio de Galicia teña a "maior presenza" posible en todos os seus produtos

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Feb. (EUROPA PRESS) -

O galego "colle impulso" na telefonía móbil coa chegada dos novos operadores. Así o ve a Secretaría Xeral de Política Lingüística, xa que son cada vez máis as empresas de tecnoloxía que incorporan o galego nas opcións de lingua dos seus aparellos, sobre todo os móbiles.

A primeira firma que incorporou esta modalidade é o fabricante de móbiles Alcatel, que adoita sacar ao mercado case todos os modelos en galego, o que significa que están traducidas todas as opcións do menú do terminal. Ademais, estes aparellos non son exclusivos de ningún fabricante, polo que se poden atopar en calquera tipo de operador.

Precisamente, os novos operadores de móbiles axudan a dar "un impulso" á inclusión deste idioma, e como mostra diso, a empresa de telecomunicacións galega 'R' anunciou a venda dun móbil antes de verán de 2008 co menú neste idioma. A propia empresa indicou que "os móbiles serán de última xeración e con todas as funcionalidades" polo que xa se poderán sacar fotos e gravar vídeos nesta lingua, o cal súmase a que todos os servizos da compañía realízanse na lingua vernácula.

No entanto, non son só firmas da comunidade as que apostan por lanzar móbiles en galego, e Eroski móbil, un operador virtual, avanzaron que de face ao verán estudan sacar unha promoción para que os clientes que o desexen cambien o seu teléfono por outro con menú en galego.

MP3 E MP4.

A maiores, a firma galega Blu:sens incluíu a lingua propia de Galicia en "canto viron a posibilidade de incorporar máis idiomas a algúns produtos. E de feito, o primeiro deles foi o galego, aínda que tamén se abriu a outras linguas como o eúscaro e o catalán, ademais de castelán e inglés.

En declaracións a Europa Press, o director de Mercadotecnia de Blu:sens, Miguel Churruca, explicou que "é difícil" cuantificar o uso dos diferentes idiomas no ámbito doméstico, pero destacou que a empresa trata de "facer accesibles" a incorporación de idiomas nas fabricacións, e de aí xorde a idea de incluír o galego.

Na mesma liña, Churruca expresou a "intención" desta firma para que o galego estea presente na maior parte dos produtos que sexa posible, e non só en menú, senón tamén nos manuais de utilización, que é o ámbito máis deficitario.

As iniciativas das compañías súmanse ás da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que "xa tivo conversacións cos principais operadores" para "promover accións conxuntas" cos fabricantes para unha "maior presenza" do galego.